O ARQUIVO DO POSSUMUS
BLOGUE DE EVENTOS E CELEBRACIÓNS

O Colexio Plurilingüe Possumus é un centro familiar, innovador e actual que forma persoas a través dunha ensinanza de calidade e personalizada. Participamos en numerosos Proxectos de Innovación Pedagóxica e estamos dotados dos servizos necesarios para satisfacer ás demandas das familias na sociedade actual.
O noso Proxecto Educativo está baseado na formación integral dos alumnos, potenciando as capacidades e destrezas propias de cada unha das etapas educativas. Os fundamentos da nosa educación son a tolerancia e o respecto a todo tipo de crenzas e opinións fomentando unha aprendizaxe solidaria e non discriminatoria. Cremos na educación personalizada, fomentamos a colaboración coas familias e potenciamos unha educación integral promocionando a innovación e calidade educativa.Unha boa calidade de ensinanza contribuirá ao desenvolvemento persoal e social dos nosos alumnos.