top of page

BÚSQUEDA POR TAGS: 

POSTS RECIENTES: 

Buscar

Os avós teñen moito que contar ...

  • proyectospossumus
  • 20 may 2016
  • 2 Min. de lectura

"Esta é unha historia dos meus" foi o proxecto da Aula Aberta de Historia do Colexio Possumus para 4º de ESO. O que empezou sendo un traballo de recuperación de fotografía antiga do álbum familiar acabou converténdose nun proxecto interdisciplinar que aunaba informática, ética e historia, e que culminou o venres 20 de maio cun Encontro cos Avós. Unha experiencia aberta, con guiños de emotividade, mentras se plasmaban as fotos da época na pantalla, e á que tamén asistiron unha decena de pais, para falar nunha mesa redonda da vida e da historia dos últimos 80 anos e que permanece viva na memoria dos avós.


Catro foron os avós presentes no encontro:

  • Jesús García Seoane (Boimorto, 1933), que lembrou a Benigno Andrade "Foucellas", mítico guerrilleiro do maquis anti franquista galego que nacera preto, "e de quen cheguei a coñecer unha filla”;

  • Laura da Vila Rodríguez (Vigo,1936), que falou de cando, nos tempos da fame, empezou a traballar na conserveria de Ríos con tan só 9 anos (chegar andando coas súas zocas lle levaba preto dunha hora), e da súa estadía na Sudáfrica do Apartheid a mediados dos anos 70 (“cando fun para alá co meu marido por cuestións de traballo dado que era redeiro na empresa Casamar". Alí vivíu de preto a marxinación dos negros: "ían a escola separados, cruzaban de acera cando atopaban cun branco para non teren problemas, e se traías a un á casa tiñas que facelo agochado no maleteiro do coche";

  • José Crespo Rivas (Redondela, 1947), que rememoru os seus 22 anos de mariño mercante e a sua visita á URSS de Breznev nos anos 70 "un país diferente, sin vaqueiros, nin Coca-Cola, nin chicles... pero cunha vida máis liberal da que un podía imaxinar"; e

  • Nieves Barreiro Pujol (Vigo, 1944) que falou da sua estadía de emigrante en Alemaña durante 19 anos (1972-91),"a onde marchei, non por necesidade, senón polas ansias de mellorar”. “Alí –aseguraba- aos galegos tíñannos en gran estima porque eramos moi traballadores".

O Vigo de entonces, coas súas verbenas, salas de festa e tranvías "dos que nos baixábamos cada vez que se ía a luz", estiveron presentes neste encontro no que eso sí, todos coincidiron en que, de volver aos 16 años dos seus netos alí presentes, o que farían -e que no seu día non pudieron- sería estudar porque, tal e como lembraba Jesús García “eu só fun á escola dous ou tres anos entre os 7 e os 10, e os días que me deixaba meu pai, porque o primeiro era ir labrar a terra con él”.

Ao remate cada avó recibiu, de mans dos sus respectivos netos, un marco coa súa foto recuperada, traballo que eles fixeron co photoshop na aula de informática. E xunto con iso o máis tenro abrazo e bico dos últimos meses. Un motivo máis para o orgullo do neto e a emotiva tenrura do avó. Educar tamén é sentir.

 
 
 

Opmerkingen


© 2017 O Arquivo do Possumus. Creado por Colexio Possumus

bottom of page