top of page

BÚSQUEDA POR TAGS: 

POSTS RECIENTES: 

Buscar

Somos verdes: reciclamos.

  • proyectospossumus
  • 1 jun 2017
  • 1 Min. de lectura

Os alumnos de 1º da ESO explícannos con detalle como é o proceso de fabricación de papel reciclado a partir de follas vellas de libretas. Este papel reciclado será empregado para conmemorar o día do libro facendo uns marcapáxinas moi orixinais.


Pero, que é a reciclaxe de papel? A reciclaxe de papel é unha das formas de reciclar máis beneficiosas para o medio ambiente, en gran parte debido ao coste medioambiental que supón obtelo a partir da natureza (un 90% da pasta de papel procede das árbores). O reciclado de papel, ten por norma xeral producir novamente papel, chamado papel reciclado. Para obtelo, moése papel que se obtén de trozos e recortes de papel principalmente de revistas, xornais e todo tipo de documentos que acostumamos a tirar.

Por cada tonelada de papel reciclado aforramos ao medio ambiente:

  • 17 árbores adultas.

  • 2,5 metros cúbicos de refugallos.

  • 27.000 litros de auga.

  • 1.440 litros de aceite.

  • 4.100 kilovatios-hora de enerxía.

  • 27 kilogramos de contaminantes.

Non vos perdades esta montaxe explicativa!

 
 
 

Comments


© 2017 O Arquivo do Possumus. Creado por Colexio Possumus

bottom of page