Mannequin challenge, ou reto do maniquí.
- proyectospossumus
- 1 jun 2017
- 1 Min. de lectura
Nos últimos anos estamos atopando nas redes sociais unha serie de “retos” que causan furor entre a rapazada, exemplos como “O legado de Tibu” e o máis recente “ Mannequin Challenge” consiguen arrastrar a miles de persoas.
Por máis que un lle busca sentido é difícil atopalo. Cal é o propósito? Que nos achega?
Hai uns días os alumnos de 4º ESO me pediron se podiamos facer o Mannequin Challenge na clase de inglés. Nun principio negeime, foi un acto reflexo ou afastarme de ridículas modas sen sentido; pero axiña xurdiu a posibilidade de sacar proveito a algo que os alumnos atopaban interesante. “O reto do maniquí” foi así utilizado con fins didácticos na clase de inglés. O factor motivación foi importante, de aí que todas as actividades realizadas a partir da grabación foron un éxito.
Aquí tedes a grabación baixo o título: “ What you should not do when the teacher is not in the class” ( O que non debes facer cando o profesor no está na clase).
Comments