top of page

BÚSQUEDA POR TAGS: 

POSTS RECIENTES: 

Buscar

Alguén dixo medo?

  • proyectospossumus
  • 16 nov 2016
  • 1 Min. de lectura


O colexio recibiu unha agradable e atípica visita, unha serie de animais un pouco estraños e que non estamos acostumados a ver nas nosas casas. Entre eles atopábanse anfibios, réptiles e artrópodos.


A presentación foi levada a cabo polo biólogo Diego (experto en animais exóticos) e que foi quen de ensinarnos moitas peculiaridades destes animais e incluso permitiu que tocásemos algúns deles perdéndolle un pouco os medos que instintiva e culturalmente estes animais nos producen.

Os alumnos de 5º e 6º de primaria, ademais tiveron a fortuna de ter durante uns segundos un incrible colar vivente, nin máis nin menos que unha fermosa pitón....

 
 
 

Comments


© 2017 O Arquivo do Possumus. Creado por Colexio Possumus

bottom of page